sábado, 28 de febrero de 2015

O campus de Ferrol celebra un concurso de robótica de Lego!!



O campus de Ferrol celebrou hoxe o concurso de robótica de Lego. Unha competición na que se pon en xogo o interese e talento de 150 rapaces nas ramas da ciencia e a tecnoloxía. 

Este ano, o certame de robots de Lego celébrase na casa, máis concretamente en Ferrol, onde esta mañá, uns cen rapaces competiron por quedaren os primeiros na clasificación estatal.

Enlace permanente de imagen incrustada


Os xuíces do concurso atópanse cunha difícil decisión, e é que detrás de cada robot, hai un gran esforzo, e sobre todo, moitas horas de traballo. Tanto é así, que algún dos participantes tivo que sacrificar máis dun recreo para sacar adiante o proxecto.


Aínda así, o esforzo pagou a pena, e os concursantes puideron aprender dun xeito diferente, iso si, sen se esqueceren de desfrutar da experiencia.
"É unha forma diferente e innovadora de aprender, e que por soposto motiva a enganchalos a isto e ao resto das materias" explica Reyes Montero, mestra do CPI de Atios en Valdoviño. 

Enlace permanente de imagen incrustada


O obxectivo non foi só o de promover o interese dos nenos pola robótica, senón que tamén se buscaban outros valores.
"Os xuíces fixanse no comportamento deles, e valórase a presenza dunha serie de valores que se consideran importantes: o traballo en equipo, a inclusión, e mesmo a colaboración con outros equipos" dicía José Antonio Becerra Permuy, coordinador do Concurso de Lego. 

Enlace permanente de imagen incrustada

Talento e ganas, eses son os ingredientes do éxito, algo que a estes futuros enxeñeiros parece no faltarlles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario